InicioEconomíaBalseiro di que o Goberno "dá as costas" a Alcoa, que perde...

Balseiro di que o Goberno “dá as costas” a Alcoa, que perde “entre seis e nove millóns mensuais”

O delegado da Xunta en Lugo asegura que "non fai falta ser adiviño para saber" que o seguinte paso tras parar 32 cubas de electrolise "son os despedimentos"

Publicada o

- Advertisement -

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, alertou do posible despedimento de traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao, no municipio de Cervo, despois de que a empresa anunciara a redución da produción ante as perdas mensuais que arrastra a factoría de aluminio, que estimou “entre seis e nove millóns de euros mensuais“.

Balseiro lembrou, nunha rolda de prensa sobre obras en estradas, que “neste momento hai 32 cubas paralizadas, das 512 que teñen electrolise. Co cal, se temos unha perda de entre seis e nove millóns de euros mensualmente, que di o presidente do comité de empresa, e se Alcoa está a reducir a produción, para baixar esa perda que ten, non fai falta ser adiviño para saber que o seguinte paso é reducir os postos de traballo“, sostivo.

A empresa cifrara as perdas pola fábrica de aluminio primario, a única de España, entre “seis e sete millóns de euros anuais”.

Ademais, Balseiro aproveitou para reprochar ao goberno de Pedro Sánchez “estar a lle dar as costas a un tema preocupante, tan preocupante como que Alcoa é a empresa máis importante e que máis postos de traballo xera na provincia de Lugo, con 1.200 directos700 a través de empresas auxiliares“.

ESTATUTO DAS ELECTROINTENSIVAS

Respecto diso, asegurou que se lle dá “as costas” a esta empresa ao non implementarse o estatuto para empresas electrointensivas que abaraten os seus custos en enerxía, que no caso da planta San Cibrao supoñen “entre o 35 por cento e o 40 por cento” deses gastos.

“O Goberno central puxo 50 datas para aprobar ese estatuto e a día de hoxe non se aprobou”, lamentou o delegado do Executivo galego na provincia de Lugo.

Balseiro non quere entrar en se “a xente se quere manifestar ou non se quere manifestar”, pero, abundou, “o que si hai que dicirlle ao Goberno central é que ten que buscar unha solución e esa solución non é a primeira vez que se busca, porque cun presidente como Mariano Rajoy e cun goberno do PP cando se pasou por algo similar iso tivo solución”.

PIDE MOBILIZACIÓN SOCIAL

Ao igual que o fixo o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, Balseiro chama a manifestarse. “Daquela (cando gobernaba o PP) si que saíu á rúa manifestándose, como hai que facer moderadamente, e aí teriamos que participar todos; tamén as administracións porque falamos da empresa máis importante da provincia, os distintos sindicatos e a sociedade da Mariña Lucense e da provincia en xeral”, concluíu o delegado da Xunta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...